domingo 12 de julio de 2009

Galego patrimonio da humanidade

Manifesto "Galego, patrimonio da

humanidade"






Xa podes adherirte ao manifesto "Galego. Patrimonio da Humanidade" no blog aberto para difundir o texto. A páxina vai servir de soporte para unha ambiciosa campaña civil . . http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org/
Tal e como explicou esta semana un dos promotores, Manuel Bragado, a idea final é lograr o suficiente número de apoios para poder presentar unha iniciativa parlamentaria e obrigar aos partidos políticos a debater o futuro da lingua.

sábado 13 de junio de 2009

Orzamentos

ORZAMENTOS DO CONCELLO DE

MOAÑA ANO 2009


Estamos ante un orzamento moi tardío, mediados de ano e que non entrará en vigor ate dentro de mes e medio, polo cal non estamos ante un documento de planificación económica, sinon ante un documento que unicamente recolle gastos xa realizados ou comprometidos polo equipo de goberno. Esta é unha situación anómala, por canto trátase dun equipo de goberno que “aparentemente “ ten maioría suficiente, salvo a existencia de desacordos entre os socios.

Por parte do goberno, anúnciase como gran logro que este ano reduciuse o orzamento en 2.284.641 euros. Nada extrano si temos en conta que o ano 2008 inflaron o orzamento ata a incrible cifra de 12.658.912 euros, unha auténtica barbaridade, polo tanto estariamos falando máis que dunha verdadeira rebaixa, dunha volta a parámetros de normalidade. Pero o importante é como chegaron a este resultado, de si é consecuencia dunha política de austeridade ou non,e cun rápido vistazo decatámonos de que non é así.

Un análise por encima das cifras danos un dato esclarecedor: a rebaixa dos orzamentos para este ano correspóndese casi integramente co desconto que se produce no capítulo de investimentos que pasa dunha cantidade de 3.046.040 euros a 1.243.944 e non como consecuencia da rebaixa do gasto corrente ou improductivo. En definitiva o artificio consiste en de facto, eliminar no ano 2009 o capítulo de investimentos. Si observamos o desglose do mismo podemos constatar o seguinte:

- Unha gran parte das obras son obras xa realizadas ou comprometidas no ano 2008: ludoteca municipal. Instalación eléctrica do centro Daniel Castelao, Pavimentación das Abilleiras, Muros de Daniel Castelao… así ata un importe de 250.000 euros.

- Outra gran parte das partidas de investimentos xa estaban contempladas nos orzamentos do ano 2008 e que non se ejecutaron como os saneamentos contemplados: Costa Grande,do Cantiño a Regueira e Broullón por un total de 170.000 euros.

- As partidas máis grandes correspóndense con compromisos anteriores: PXOM e Campo de futbol por un total de 350.000 euros.

A consecuencia de todo isto é que non existen proxectos novos para este ano e posiblemente tampouco para o ano 2010, deixando todo a expensas das obras realizadas a cargo das obras do Plan E estatal.



No relativo o capítulo de ingresos podemos afirmar sin dúbidas que se trata dun documento cunha previsión de ingresos irreal, que aparece inflado nos seus apartados máis importantes, o que fai que o conxunto do documento sexa unha fantasía contable, o cal provocará que as poucas obras do capítulo de investimentos que se executen vaian a incrementar a debeda. Así analizando algúns dos apartados de ingresos máis importantes como son os derivados da actividade urbanística, podemos destacar o seguinte:

- INGRESOS POR ICIO.- Prevé de ingresos 600.000 euros, cifra increíble si temos en conta que según os datos extraidos das actas de comisión de goberno(por non dispoñer ainda da liquidación do ano 2008) o ano pasado non se chegou por este concepto a 350.000 euros (e o ano pasado hubo un ingreso extra motivado polo nº de licencias extraordinarias para evitar a aplicación da lei do habitat), e o panorama para este ano non é mellor tendo en conta o parón do sector da construcción.

- LICENCIAS URBANISTICAS.- A previsión é de 125.000 euros, e según a misma fonte o ano pasado non se chegaron os 100.000 euros.

- APERTURA DE ESTABLECIMENTOS.- prevese 125.000 euros cando o ano pasado non se chegou ós 25.000 euros.

- INSTALACIÓN DE POSTES….- Hai unha previsión de 235.000 euros e o efectivamente recadado o ano pasado non superou os 65.000 euros.

E esta misma comparativa poderíamos facela coa maioría das partidas de maiores ingresos, e na maioria encontramos este desfase significativo que nos leva a reafirmarmos na afirmación inicial de orzamento increible..

No relativo o capítulo de gastos como dixemos anteriormente a rebaixa non procede dunha racionalización do gasto, e unha reducción do gasto corrente ou improductivo, senon pola eliminación das inversións, o cal vai en contra das directrices de todolos organismos e institucións sobre as políticas econômicas a aplicar en tempos de crise.

jueves 14 de mayo de 2009

Nota de Prensa

HUMANIZACIÓN DAS RÚAS DO REAL.



Iniciativa polo Morrazo apostou sempre pola necesidade de humanizar o barrio do Real, integrando neste concepto todas aquelas situacións necesarias para facer a vida dos veciños máis accesible, cómoda e grata. Así impulsamos o inicio de ditas obras mentres estivemos no goberno, e tomamos iniciativas estando na oposición na actual lexislatura , mediante mocións e votando unha man en todo o que pudemos para que o actual grupo de goberno pudera levar a bo fin as actuacións que acaban de iniciar no barrio, incluídas dentro do plan E.

Por eso entendemos que estamos moi lexitimados para expoñer as críticas que nos merecen algunha das actuacións, co ánimo positivo de que ainda están a tempo de corrixirse.

Así, non entendemos nin compartimos a solución que se lle están dando as aceiras na rúa Navas de Tolosa, a que leva ó Preescolar do Real, donde polo lado do Preescolar queda unha aceira de 1,50 metros incluído ó bordillo e polo lado de enfronte, é decir, polo lado da finca do Real queda unha ¿aceira? de 15 centímetros. ¿Para qué? ¿Para que os nenos vaian a pata coxa?Resulta curioso que na rúa máis frecuentada por nen@s se lle dé máxima prioridade os coches sobre os peatóns, e se incumpla calquer norma de accesibilidade. Debemos decir ademáis, que esto incumple o que se manifestou nas duas reunións que hubo ó respecto de ditas obras.

Ë certo que é complicado actuar no Real, e que se debe buscar un delicado equilibrio, pero a conclusión non pode ser arrinconar máis os veciños e que non teñamos por onde andar. Esperamos que os responsables reconsideren algunha das solucións dadas e poidamos efectivamente disfrutar dun barrio máis vivible, e aproveitar estes fondos estatais ó máximo.

miércoles 13 de mayo de 2009

Nota de prensa


ESPERPENTO NA MANCOMUNIDADE

DO

MORRAZO






Esperpento, sólo así se pode calificar o que está pasando nos últimos meses na mancomunidade do Morrazo en relación ó servizo de recollida de lixo e os comportamento dos seus dirixentes e teóricos responsables, facendo propostas cunha absoluta falta de acordo e coherencia entre eles mismos.

E de falta de respecto hacia ó resto dos grupos que como Iniciativa polo Morrazo non formamos parte do goberno da Mancomunidade, e temos que enterarnos pola prensa dos supostos debates sobre o futuro do servizo de recollida de lixo.

Fai moitos meses de que do que pasa na Mancomunidade solo nos enteramos por filtracións interesadas á prensa , como exemplo:

- Concuso para adxudicación do lixo que quedou deserto.
- Redacción nun novo prego.
- E agora parece ser que están traballando na xestión directa.

Esta situación non é de recibo, non reúne os mínimos imprescindibles dun funcionamento democrático, a Mancomunidade ten órganos que están para algo.

Nós comprendemos que a verdade é que os dirixentes da Mancomunidade teñenno difícil, porque os grupos políticos que cogobernan dita entidade, non son capaces de poñerse de acordo dous a dous,nin sobre o diagnóstico, nin sobre o futuro, nin sobre a existencia da propia Mancomunidade, así :

- Uns queren adxudicar de novo o servizo a unha empresa privada.
- Outros queren romper a Mancomunidade, e que o lixo o xestione cada Concello.
- Outros abogan porque o xestione de xeito directo a Mancomunidade.
- E ningún quere xogar o papel de explicarlles ós veciños a difícil situación en que se atopa.

Con este panorama, claro que é incómodo e difícil comparecer cunha soa voz diante da asamblea a dar explicacións, pero é unha obriga democrática e institucional: Ou a convocatoria da asamblea ou a realización dunha reunión de portavoces, o resto son argalladas, fogos de artificio e xogos florais.

domingo 10 de mayo de 2009

MOCIÓN

POLA FINANCIACIÓN E XESTIÓN

PUBLICA DO NOVO HOSPITAL DE

VIGO, E GARANTÍAS DE QUE MOAÑA

DEPENDA DE DITO CENTRO

HOSPITALARIO




Para os veciños de Moaña, na anterior lexislatura autonómica, produciuse ainda que con moito retraso unha noticia largamente esperada: A confirmación da construcción do novo hospital en Vigo, o inicio do proceso de expropiación dos terrenos, e a confirmación de que a súa construcción sería financiada dende as arcas públicas a través da Sociedade pública de Investimentos (SEPI) da Consellería de Economia e facenda, o cal pecha as portas a participación do capital privado na sua financiación e na súa posterior xestión dende ópticas empresariales e de mercado, como sucede nas comunidades de Valencia e Madrid, e como se fixo aqui en épocas pasadas (todos nos acordamos do MEDTEC no Meixueiro e as consecuencias desta política sanitária).

Como colofón a todo o anterior estaba a casi segura noticia de que os pacientes de Moaña pasariamos a depender no referido a atención hospitalaria deste novo centro de referencia, o cal significa deixar de depender dun centro privado como é POVISA a través do concerto co SERGAS (somos os únicos que non temos un centro público de referencia), e así poder homologarnos en servizos e dereitos co resto de Galicia, xá que este concerto estanos facendo padecer as listas de espera en atención de especialistas e en intervencións cirurxicas mais largas d etoda a sanidade pública, convertíndonos os veciños de Moaña e o Morrazo em cidadáns de segunda.

Sin embargo, nos últimos dias a nova Conselleira de Sanidade a través da prensa empezou de xeito irresponsable a sementar dudas sobre a disponibilidade presupostaria para acometer de inmediato a construcción do novo hospital, cunha táctica que parece querer ir preparándonos para posteriores noticias: posible paralización ou retraso do proceso de adxudicación da obra, ou reducción do nº de camas do hospital ( a presión de POVISA é moi forte), ou entrada e participación na financiación da construcción e pólo tanto na xestión posterior de capital privado. Calquera das posibilidades anteriores significaria um enorme paso atrás en matéria sanitária para toda a área de Vigo, e condenaríanos os veciños de Moaña ,seguramente, a seguir dependendo de Povisa.

Por estas razóns expostas anteriormente é pólo que instamos ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1.- Instar a Admon. Autonómica a continuar inmediatamente e co proxecto iniciado pólo anterior goberno autonómico para o novo hospital público de Vigo, que a súa financiación e posterior xestión sexa completamente pública.

2.- Instar a Admon. Autonómica a que os veciños de Moaña pasen a depender de dito hospital.

3.- Que estes acordos sexan comunicados o Presidente da Xunta, a Conselleira de Sanidade e a todolos grupos políticos do parlamento galego.

miércoles 6 de mayo de 2009

DEFICIENTE ESTADO DE

MANTEMENTO DO PASEO DO CON.



O paseo do Con, construído por Portos de Galicia, e unha das zonas de paseo de Moaña máis frecuentadas sobre todo con bo tempo, por canto é un paseo cómodo que ademáis discurre en todo o seu percorrido ó lado do mar.

Dito paseo rematado en madeira na súa zona máis próxima ó mar, presenta neste tramo un deficiente estado de conservación, debido a falla de mantemento do mismo. Unha simple inspección ocular permite comprobar a existencia de múltiples taboas torcidas e tramos de varios metros de madeiras soltos dos seus anclaxes, o cal provoca que ditos tramos esten levantados, supoñendo unha situación de risco para os múltiples usuarios, sobre todo para as persoas de movilidade reducida.

Iniciativa polo Morrazo tense interesado en numerosas ocasións na comisión de servizos do Concello por este tema, obtendo como única resposta que era un tema competencia de Portos de Galicia, sin que isto se teña traducido en ningunha acción.

Por esta razón e en aras da seguridade dos veciños e para evitar que continúe o seu deterioro é polo que instamos os responsables municipais, a non escudarse nun problema de competencias con Portos de Galicia e a adoptar urxentemente medidas que subsanen a situación descrita anteriormente.

viernes 20 de marzo de 2009

Planta alta da plaza



InMo dice que es poco creíble la
propuesta de Pastoriza sobre la
plaza de abastos

Asegura que el dinero que estaba destinado a este
fin se gastó en otra obra



Plaza de abastos de Moaña. Gonzalo Núñez


REDACCIÓN - MOAÑA Iniciativa polo Morrazo vuelve a centrar sus críticas en las tareas de gobierno del concejal de Servicios de Moaña, el socialista Víctor Pastoriza. Asegura que tanto él como sus socios de gobierno no son capaces de presentar una propuesta seria y coherente respecto al futuro de la primera planta de la plaza de ababastos y tacha de híbrida la última presentada, “una mezcla de usos comerciais e culturais co cal pretende contentar a todos e que acabará cabreando a maioría”. Asegura el edil de InMo, Euloxio Santos Leites, que lo que debería hacer el gobierno es gobernar, decidir y plantear una propuesta que sea creíble que “poidamos analizar”. Recuerda que en casi dos años se presentaron numerosas alternativas: mercado, supermercado o centro sociocultural.


Credibilidad


Asegura Euloxio Santos que para que la propuesta tenga tintes de credibilidad debe apoyarse en un presupuesto de ejecución y Víctor Pastoriza debe decir “dónde vai a sacar os cartos para financiala, pois debo recordarlle que os fondos Proder que estaban destinados para as obras da praza de abastos foron utilizados por él e os seus compañeiros de goberno para realizar outra obra”. Asegura que, de lo contrario, como otras muchas veces, lo que se vende es humo. Recuerda Santos Leites que Víctor Pastoriza pudo incluir la citada obra dentro del famoso Plan E de Zapatero, pero no lo hizo, por lo que “lamentablemente creemos que estamos ante un novo enredo do citado concellal de Servicios do Concello de Moaña.